Fondo Grelos de Galicia
IGP Faba de Lourenzá con IGP Grelos de Galicia y DOP Mejillón de Galicia

02

IXP Faba de Lourenzá con IXP Grelos de Galicia e DOP Mexillón de Galicia

INGREDIENTES PARA 4 PERSOAS

  • · 425 g de IXP Grelos de Galicia ao natural
  • · 500 g de IXP Faba de Lourenzá cocida
  • · 2 latas de IXP Mexillón de Galicia en escabeche
  • · 1 pemento de produción ecolóxica
  • · 1 cebola de produción ecolóxica
  • · Aceite de oliva de produción ecolóxica
  • · 1/2 copa de DO Rías Baixas
  • · Sal
  • · Pementa

PREPARACIÓN

Nunha tarteira, poñemos unha cullerada de aceite de oliva, engadimos a cebola e o pemento en anacos pequenos e deixamos que se pochen ben. Vertemos a copa de DO Rías Baixas e deixamos que se evapore o alcohol.

A continuación, incorporamos a Faba de Lourenzá cocida xunto cos Grelos de Galicia partidos e deixamos cociñar uns 5 minutos. Moemos un pouco de pementa e engadimos o escabeche dos mexillóns.

Removemos e deixamos cociñar un par de minutos, por último, engadimos os mexillóns xusto no momento de empratar.

Listo para comer e gozar!

Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia