Fondo Grelos de Galicia
Quiche de IGP Grelos de Galicia con queso DOP Cebreiro

01

Quiche de IXP Grelos de Galicia con queixo DOP Cebreiro

Ingredientes

  • · 425 g de IXP Grelos de Galicia cocidos
  • · 200 g de tiras de polo de produción ecolóxica (cocido)
  • · 100 g queixo DOP Cebreiro
  • · 100 ml de nata
  • · 1 prancha de masa quebrada
  • · 1 cebola de produción ecolóxica
  • · 2 ovos de produción ecolóxica
  • · Sal
  • · Aceite de oliva de produción ecolóxica
  • · Pementa

PREPARACIÓN

Forramos un molde redondo coa masa quebrada. Picámola e metémola ao forno durante 10 minutos, ata que a vexamos dourada. Retiramos e reservamos.

Mentres, nunha tixola poñemos un pouco de aceite e engadimos a cebola cortada moi pequena. Cando estea pochada incorporamos as tiras de polo cocido e salteamos.

Engadimos os Grelos de Galicia cocidos cortados e cociñamos un par de minutos, salpementamos ao gusto e reservamos.

Por outra banda, batemos os ovos cun pouco de sal e agregamos a nata.

Collemos a base da nosa quiche e engadimos o salteado de polo e Grelos de Galicia. Por encima incorporamos a mestura de ovo e nata, e acabamos poñendo uns anacos de queixo Cebreiro.

Metemos ao forno a 180º durante uns 20 minutos, ata que vexamos unha capa dourada por encima.

E xa temos a nosa quiche preparada!

Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia