10
Poñer o solombo a macerar co azucre, o sal e as especias durante un mínimo dunha hora, dependendo do seu grosor. Limpar e marcar a lume forte para selar os mollos. Unha vez frío cortar tan fino como sexa posible.
Secar o grelo no forno suave ata que perda toda a auga e consiga unha textura crocante. Mesturar a nata co Queixo Tetilla e o sal. Se temos sifón facemos unha escuma, se non o deixamos en forma de crema.
Facemos unha infusión co viño branco.
Montamos unhas espetadas co grelo crocante, a vaca e a escuma de queixo. O efecto
botafumeiro
pódese conseguir poñendo un pouco de xeo seco no fondo do recipiente sen que entre en contacto co produto e regando o mesmo coa infusión de viño branco que termina de aromatizar o conxunto.
Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:
3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior
Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):
Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia