06
Para empezar, picamos as chalotas en Brunoise fina, cortamos o bacon en dados pequenos e relamos o queixo San Simón da Costa. Cortamos uns liscos lonxitudinais de chourizo é poñémolos a secar no forno.
Preparamos un fondo branco ao que lle agregamos un pouco do líquido dos Grelos de Galicia.
Refogamos a chalota no aceite, engadimos o arroz uns segundos e agregamos o viño DO Rías Baixas deixando que se evapore o alcohol.
Cando o viño DO Rías Baixas se evapore, imos engadindo aos poucos o caldo branco cun cazo, deixamos cocer e removemos constantemente. Repetimos a operación cada vez que o arroz quede seco.
Ao mesmo tempo, cortamos en anacos os Grelos de Galicia cocidos e salteamos lixeiramente os dados de bacon. Cando o arroz estea case cocido, engadimos os Grelos de Galicia picados, o Lacón Gallego cortado en anacos e o bacon salteado. Sazonamos e condimentamos con curry.
Engadimos a manteiga e o queixo DOP San Simón da Costa removendo a mestura ata que se funda.
Para presentalo necesitamos un prato fondo. Nel colocaremos o arroz nun aro e encima o crocante de chourizo.
Listo para gozar na mellor compañía!
Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:
3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior
Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):
Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia