Fondo Grelos de Galicia
Canelón de IGP Lacón Gallego con IGP Grelos de Galicia, chorizo y queso DOP Arzúa-Ulloa

03

Canelón de IXP Lacón Gallego con IXP Grelos de Galicia, chourizo e queixo DOP Arzúa-Ulloa

INGREDIENTES PARA 4 PERSOAS

  • · 1 bote de IXP Grelos de Galicia cocidos
  • · 1 peza desosada en liscos de IXP Lacón Gallego cocido
  • · 150 g de queixo DOP Arzúa-Ulloa
  • · 1 chourizo cun suave proído de Artesanía Alimentaria
  • · 250 g de garavanzos cocidos
  • · Aceite de oliva de produción ecolóxica
  • · Sal
  • · Pementa negra

PREPARACIÓN

Unha vez teñamos o noso Lacón Gallego desosado, cortámolo en finos liscos. Podemos facelo cun coitelo ou cun cortafriames. É importante que queden finos. Deberiamos cortar dous liscos por persoa.

Poñemos nunha tixola un pouco de aceite de oliva e os Grelos de Galicia cocidos e cortados. Deixamos que se sofritan un pouco e logo engadimos o queixo Arzúa-Ulloa cortado en anacos e o chourizo picado. Mesturamos con coidado. Salpementamos ao gusto e reservamos quente.

Preparamos una crema de garavanzos: para iso, poñemos nun recipiente fondo os garavanzos cocidos con algo da súa auga de cocción, un pouco de aceite de oliva, sal e pementa. Trituramos todo ben ata obter unha crema e reservamos.

Estiramos os liscos de Lacón Gallego, podémolos servir fríos ou pasalos por unha tixola para amornalos, estendemos un pouco da mestura que elaboramos ao principio cos Grelos de Galicia, o queixo Arzúa-Ulloa e o chourizo. Enrolámolo dándolle forma de canelón.

Colocamos na base dun prato un pouco da crema de garavanzos e encima os canelóns de Lacón Gallego.

Hai que servilos mentres o recheo estea quente!

Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia