04
Cortamos a cebola en Brunoise (cadradiños pequenos) e pochámola nunha tixola con tres culleradas de aceite. Cando estea transparente, engadimos os Grelos de Galicia, o xamón serrano picado en anacos e refogamos. Reservamos e prequentamos o forno a 210º con calor arriba e abaixo (soleira e grella).
Agora preparamos un bechamel. Poñemos dúas culleradas de aceite nunha tixola e, cando estea tépedo, engadimos a fariña. Tostámola un pouco e comezamos a botar o leite e a remover cunha varilla ata conseguir un bechamel de textura media (nin moi claro como se fose para bañar uns canelóns, nin moi espeso como se fora para croquetas) e deixamos ferver uns minutos. Botamos o sal e probamos.
Cando teñamos o bechamel, engadímolo á mestura dos Grelos de Galicia co xamón. Cubrimos as vieiras con esta mestura. Botamos por riba un pouquiño de Pan Galego relado e introducímolas no forno a 210º durante dez minutos, calor arriba e abaixo, e dous minutos máis só coa grella.
Listas para comer!
Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:
3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior
Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):
Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia