Fondo Grelos de Galicia
Tosta de IXP Pan Galego con IXP Grelos de Galicia, crema de IXP Pataca de Galicia, IXP Ternera Gallega e DOP Queixo Tetilla

05

Tosta de IXP Pan Galego con IXP Grelos de Galicia, crema de IXP Pataca de Galicia, IXP Ternera Gallega e DOP Queixo Tetilla

INGREDIENTES PARA 4 PERSOAS

  • · 425 g de IXP Grelos de Galicia cocidos
  • · 4 tostas de IXP Pan Galego
  • · 2 IXP Pataca de Galicia
  • · 250 g de tiras de croca IXP Ternera Gallega
  • · 250 g de DOP Queixo Tetilla
  • · Aceite de oliva de produción ecolóxica
  • · Sal
  • · Pemento doce

PREPARACIÓN

En primeiro lugar, poñemos a cocer as dúas patacas coa pel e un chisco de sal. Cando estean cocidas, pelámolas e machucámolas cun pouco de aceite de oliva para obter un puré. A este puré engadímoslle un pouco de pemento doce e sal. Reservamos.

Fritimos as tiras de croca de Ternera Gallega cun pouco de aceite de oliva, salpementamos ao gusto e reservamos.

Tostamos as rebandas de Pan Galego por ambos lados. Cando estean, colocámolas nunha bandexa de forno. Encima das tostas de pan poñemos un pouco de puré de patacas, os Grelos de Galicia cocidos enteiros e escorridos, de forma que cubran o puré de patacas (tamén podedes cortalos se vos é máis doado para colocar), logo dispoñemos unhas tiras de Ternera Gallega e unhas lascas de Queixo Tetilla.

Metemos ao forno a gratinar ata que vexamos que o Queixo Tetilla se funde e comeza a dourarse.

Servimos quente.

Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia