07
Para a allada texturizada:
- Fáiselle un pequeno corte ao pel dos dentes de allo e póñense en aceite a 70º*C cunha folliña de loureiro durante 2 horas, logo quentamos o aceite ata xusto antes de que se douren os allos e apartámolo do lume.
- Cando comece a amornar engadimos a cullerada de pemento doce sen parar de remover para evitar que se nos queime o pemento.
- Reservamos 12h. Unha vez pasado ese tempo pasámolo por unha peneira e decantámola lentamente, engadimos o Maltosec sen parar de remover ata conseguir unha textura de puré espeso.
Para o papillote de pescada en folla de grelo:
- Escaldamos as follas de grelo ao vapor ou con auga fervendo, refrescámolas en auga abundante con xeo, unha vez frías poñémolas en papel secante.
- Porcionamos ao gusto e salgamos a pescada. Facemos un papillote (ou tamén podemos enrolar simplemente) onde envolveremos a pescada cun chorro de aceite nas follas de grelo a modo de paquetiños.
- Cociñámolo ao vapor 59ºC durante 7 minutos aproximadamente. Se non dispoñemos de forno vapor, podemos utilizar unha vaporeira de bambú e reducirémoslle o tempo de cocedura a uns 4 minutos.
Para o rape crocante mechado con lacón:
- Salteamos moi lixeiramente os taquiños de lacón nunha tixola cun chorro de aceite a lume moi vivo (reservamos).
- Racionamos o rape en medallóns grosos e os mechamos cos taquiños de lacón salteado, logo pasámolos polo ovo batido e o coiro de porco liofilizado.
- Fritimos en abundante aceite ata conseguir unha textura de pombiñas crocantes por fóra con todo o mollo do rape e o lacón no seu interior.
Para os cachelos:
- Lavamos ben a pataca sen sacarlle o pel, cortámola en talladas grosas e cocémolas en auga con sal, un chorro de aceite e unha folla de loureiro a lume medio para evitar que rompan (reservamos).
Empratado:
- Colocamos un cordón de allada texturizada na base do prato, encima a pescada, daquela o cachelo e por último o rape crocante. Para acompañar podemos poñer o resto da allada texturizada e algún brote que lle dea un toque fresco.
- Importante recomendar que primeiro proben o bocado da pescada e logo o rape para poder apreciar mellor os matices e ir de menos a máis intensidade de sabor.
Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:
3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior
Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):
Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia