Fondo Grelos de Galicia
Lacón con grelos do mar

10

Botafumeiro de vaca braseada con Grelos de Galicia e Queixo Tetilla

INGREDIENTES

  • · Solombo de vaca (a poder ser galega)
  • · Grelos de Galicia
  • · Queixo Tetilla
  • · Viño branco
  • · Nata
  • · Sal
  • · Azucre
  • · Especias
  • · Aceite

PREPARACIÓN

Poñer o solombo a macerar co azucre, o sal e as especias durante un mínimo dunha hora, dependendo do seu grosor. Limpar e marcar a lume forte para selar os mollos. Unha vez frío cortar tan fino como sexa posible.

Secar o grelo no forno suave ata que perda toda a auga e consiga unha textura crocante. Mesturar a nata co Queixo Tetilla e o sal. Se temos sifón facemos unha escuma, se non o deixamos en forma de crema.

Facemos unha infusión co viño branco.

Montamos unhas espetadas co grelo crocante, a vaca e a escuma de queixo. O efecto

botafumeiro

pódese conseguir poñendo un pouco de xeo seco no fondo do recipiente sen que entre en contacto co produto e regando o mesmo coa infusión de viño branco que termina de aromatizar o conxunto.

RECEITA ELABORADA POR: Kike Piñeiro (A Horta d'Obradoiro)

Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia