Fondo Grelos de Galicia

Indicación xeográfica protexida

GARANTÍA DE CALIDADE

O Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), é o organismo encargado de controlar, amparar e certificar o produto. O selo identificativo que atoparás nas etiquetas dos grelos frescos ou en conserva é o aval de que cumpre con todos e cada un dos requisitos de calidade establecidos polo regulamento.

Para garantir a calidade e trazabilidade dos grelos, o Ingacal controla todo o proceso de produción, levando a cabo inspeccións nas plantacións, almacéns e industrias, revisión de documentación e análises organolépticas e, no seu caso, físico-químicos, da materia prima e do produto elaborado.

Para asegurar a súa calidade, todas as operacións de manipulación, transporte, almacenamento e transformación realizanse de forma inmediata á súa recolección no ámbito da Comunidade Autónoma.

MARCO LEGAL

O Diario Oficial da Unión Europea publicou o 26 de marzo do ano 2009 a solicitude de protección dos "Grelos de Galicia" como indicación xeográfica protexida, segundo o Regulamento (CE) no 510/2006 do Consello, sobre a protección das indicacións xeográficas e das denominacións de orixe dos produtos agrícolas e alimenticios, e mediante a publicación do Regulamento (CE) No 1029/2009 da Comisión, de 29 de outubro de 2009, a súa inscrición no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas.

Mediante a publicación da Orde do 23 de decembro de 2009 da Consellería do Medio Rural, apróbase o Regulamento da Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

Descargar documentos en PDF:

EMPRESAS ASOCIADAS

Comercializadores

CONSERVAS A ROSALEIRA, S.L.

Pontevedra

986 625 015

www.arosaleira.com

CULTIVOS RIBEIRO, S.L.

Ourense

988 470 578

www.cultivosribeiro.com

LEGUFRUT AGRO S.L.

Ourense

988 384 752

www.legufrut.com

MELISANTO S.C.G.

A Coruña

981 506 026

www.melisanto.com

PILAR BOUZA LUACES

A Coruña

981 390 328

www.hlbouza.com

VIUDA DE GERARDO PARADA Y J.ALVELA, S.L

A Coruña

981 503 021

www.viparal.es
Información

Esta web está financiada en el programa de desarrollo rural 2014-2020 en la submedida:

3.2. Apoyo a las actividades de información y promoción realizadas por grupos de productores en el comprado interior

Para detalle de financiación puede consultar el reglamento de desarrollo rural y el Programa de desarrollo rural para Galicia (a partir de la página 286):

Regulamento de desenvolvemento rural, Programa de desenvolvemento rural para Galicia